Concello de Mugardos

Actualidade / Taboleiro de Anuncios /

Concurso de carteis da XX Festa do Polbo

Este anuncio no está activo, comprobe a lista de anuncios activos no taboleiro de anuncios

XIII CONCURSO DE CARTEIS
LEMA: XX FESTA DO POLBO
BASES:
1.- Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de 16 anos, que o desexen.
2.- Cada participante poderá presentar un único orixinal, de tamaño DIN A3, sen límite de cores ou técnicas. No caso de que o cartel premiado resulte estar feito por ordenador, tendo que ser un deseño orixinal, terá que ser entregado o soporte informático correspondente. O tema do cartel será a XX FESTA DO POLBO. Os carteis deberán presentar o debuxo e o seguinte texto: XX FESTA DO POLBO CONCELLO DE MUGARDOS.
3.- Prazo de presentación: todo o mes de abril de 2010. Os carteis poderán presentarse no departamento de cultura en horario:
- maña: de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas
- tarde: xoves de 17.00 a 19.30 horas
4.- Os traballos irán asinados con pseudónimo, acompañándose dun sobre pechado que estará pegado por detrás do cartel, cos datos completos do autor/a: nome, idade, enderezo e teléfono.
5.- O xurado estará formado polas/os membros da Comisión de Cultura do Concello de Mugardos. Este decidirá tendo en conta estas bases, por maioría de votos e de forma inapelábel. Ditaminará na seguinte semana logo do peche de recepción de orixinais.
6.- O premio consistirá en 450 euros que se entregarán en metálico (á citada cantidade aplicaráselle a retención correspondente ao IRPF). O premio poderase declarar deserto, en caso de que o xurado así o estimase, en decisión inapelábel. O local e a data nos que se fará entrega deste fixarase no momento oportuno.
7.- Poderá facerse unha exposición dos traballos presentados. Os non seleccionados deberán retirarse polos participantes.
8.- O cartel premiado quedará no poder do Concello de Mugardos e pasará a formar parte do patrimonio cultural deste, así como os cinco seleccionados, podendo reproducilos e difundilos con enteira liberdade.
9.- A participación implica a total aceptación destas bases.
Mugardos, xaneiro 2010

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS