Concello de Mugardos

Actualidade / Taboleiro de Anuncios /

Concurso de pintura Bello Piñeiro - Piñeiro Pose

Este anuncio no está activo, comprobe a lista de anuncios activos no taboleiro de anuncios

XX CONCURSO DE PINTURA "BELLO PIÑEIRO " 2010
O Concello de Mugardos convoca o XX CONCURSO DE PINTURABELLO PIÑEIRO”, para nacidos/as e residentes en Galicia, consonte as seguintes bases:
PRIMEIRA:
Os/as concursantes terán como mínimo 18 anos de idade, e poderán concursar cun máximo dunha obra, única e orixinal, que se axustará ás seguintes normas:
TEMA: PAISAXE GALEGA
TÉCNICA: LIBRE
TAMAÑO MÁXIMO: 150 × 150 cm.
SEGUNDA:
Os cadros poderán estar enmarcados, como mínimo deberán estar protexidos cun listón e acondicionados para a súa exposición.
TERCEIRA:
As pinturas entregaranse no Concello de Mugardos dende o luns día 12 ata o venres día 30 de abril, ambos inclusive, no seguinte horario:
- Mañás: de luns a sábado de 9.00 a 13.00 horas
- Tardes: xoves de 17.00 a 19.30 horas.
CUARTA:
As obras presentadas deberán vir asinadas co nome do autor e na parte de atrás en sobre pechado figuraran os seguintes datos: fotocopia do documento de identidade ou do libro de familia, o nome completo do autor/a, o enderezo, o número de teléfono, data de execución e título do cadro.
QUINTA:
As obras seleccionadas pasarán a fase de concurso e serán expostas. Desta selección farase cargo un xurado cualificado, e recibirán un diploma acreditativo.
SEXTA:
A retirada dos cadros faráse persoalmente polo autor/a ou por persoa autorizada, durante un mes a partir da finalización da exposición; pasado o devandito prazo, enténdese que renuncia a calquera dereito sobre eles. O luns día 17 de maio será a inauguración da exposición, o domingo día 13 de xuño será a clausura da exposición e a entrega de premios.
SÉTIMA:
Habera un unico premio de 1.800€ e dous accesit, que recibiran premio non metálico.
Á citada cantidade practicaráselle as retencións correspondentes ao IRPF.
OITAVA:
Os premios poderán declararse desertos.
NOVENA:
O cadro premiado quedará no poder do Concello de Mugardos e pasará a formar parte do patrimonio cultural deste, podendo reproducilo e difundilo con enteira liberdade.
DÉCIMA:
O Concello porá todo o seu coidado no tratamento das obras presentadas. Non obstante, non responderá de perdas, danos ou extravíos debidos a roubos, roturas, desperfectos ou causa de forza maior, ou calquera outro acto ou causa alleos á súa vontade.
DÉCIMO PRIMEIRA:
Os premios ditaminaranse o venres día 7 de maio por un xurado composto por persoas vinculadas ao mundo da cultura, presidido polo sr. Alcalde e actuando como secretaria/o persoal administrativo adscrito á area de Cultura deste Concello.
DÉCIMO SEGUNDA:
O ditame do xurado será inapelábel e darase a coñecer na apertura da exposición que a tal efecto organizará o Concello de Mugardos na Casa da Cultura. Os/as concursantes, polo feito de concursar, aceptan integramente as presentes bases.

XX CONCURSO DE PINTURA "PIÑEIRO POSE " 2010
O Concello de Mugardos convoca o XX CONCURSO DE PINTURA “PIÑEIRO POSE”, para nacidos/as e residentes en Galicia, consonte as seguintes bases:
PRIMEIRA:
Os/as concursantes terán un máximo de 17 anos de idade, e poderán concursar cun máximo dunha obra, única e orixinal, que se axustará ás seguintes normas:
TEMA: PAISAXE GALEGA
TÉCNICA: LIBRE
TAMAÑO MÁXIMO: 150 × 150 cm.
SEGUNDA:
Os cadros poderán estar enmarcados, como mínimo deberán estar protexidos cun listón e acondicionados para a súa exposición.
TERCEIRA:
As pinturas entregaranse no Concello de Mugardos dende o luns día 12 ata o venres día 30 de abril, ambos inclusive, no seguinte horario:
- Mañás: de luns a sábado de 9.00 a 13.00 horas
- Tardes: xoves de 17.00 a 19.30 horas.
CUARTA:
As obras presentadas deberán vir asinadas co nome do autor e na parte de atrás en sobre pechado figuraran os seguintes datos: fotocopia do documento de identidade ou do libro de familia, o nome completo do autor/a, o enderezo, o número de teléfono, data de execución e título do cadro.
QUINTA:
As obras seleccionadas pasarán á fase de concurso e serán expostas. Desta selección farase cargo un xurado cualificado, e recibirán un diploma acreditativo.
SEXTA:
A retirada dos cadros faráse persoalmente polo autor/a ou por persoa autorizada, durante un mes a partir da finalización da exposición; pasado o devandito prazo, enténdese que renuncia a calquera dereito sobre eles. O luns día 17 de maio será a inauguración da exposición, o domingo día 13 de xuño será a clausura da exposición e a entrega de premios.
SÉTIMA:
Haberá un único premio valorado en 900€ e dous accesit.
O premio consistirá:
- Nunha viaxe cultural a Madrid, que inclue desprazamentos, estancia e visita aos principais museos da cidade, para o premiado/a e un/unha acompañante.
O xurado asignará, ademais, distintos premios con motivo de estimular a participación e calidade dos máis novos.
OITAVA:
Os premios poderán declararse desertos.
NOVENA:
O cadro premiado quedará no poder do Concello de Mugardos e pasará a formar parte do patrimonio cultural deste, podendo reproducilo e difundilo con enteira liberdade.
DÉCIMA:
O Concello porá todo o seu coidado no tratamento das obras presentadas. Non obstante, non responderá de perdas, danos ou extravíos debidos a roubos, roturas, desperfectos ou causa de forza maior, ou calquera outro acto ou causa alleos á súa vontade.
DÉCIMO PRIMEIRA:
Os premios ditaminaranse o venres día 7 de maio por un xurado composto por persoas vinculadas ao mundo da cultura, presidido polo sr. Alcalde e actuando como secretaria/o persoal administrativo adscrito á area de Cultura do Concello.
DÉCIMO SEGUNDA:
O ditame do xurado será inapelábel e darase a coñecer na apertura da exposición que a tal efecto organizará o Concello de Mugardos na Casa da Cultura. Os/as concursantes, polo feito de concursar, aceptan integramente as presentes bases.
Mugardos, xaneiro 2010

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS