Actualidade / Axenda /
Voto de Chanteiro
Este evento xa tivo lugar fai 9 meses
Lugar: Chanteiro
As Concellarías de Cultura e Deportes de Ares e Mugardos organizan de forma conxunta os actos que se desenvolverán o vindeiro martes, día 2 de xuño, co gallo da celebración do tradicional Voto de Chanteiro.
En primeiro lugar, as dúas administracións locais, que comparten esta festividade dende hai varios séculos, fletarán varios autobuses para transportar a aquelas persoas que queiran facer uso do transporte público durante dita xornada. Así, está previsto que os buses saian ás 10.30 horas, establecéndose dúas rutas. A de Ares comezará na praza do Pedregal (Redes) e parará en Pezoas, Seselle, Porta do Sol, Lubre, Cervás e Chanteiro, mentres que a de Mugardos partirá de San Xoán de Piñeiro, estando previstas paradas en O Seixo, Franza, A Pedreira e Mugardos.
A misa, que se oficiará na ermida de Nosa Señora da Mercé de Chanteiro, terá lugar ás 12.00 horas e, posteriormente, levarase a cabo a actuación do grupo de gaitas Trouleada de Ares e o reparto entre os asistentes de empanadas e bebidas. Para aqueles que non queiran seguir de festa, poderán regresar ás súas casas ás 13.30 horas nos autobuses postos a disposición dos veciños polos dous concellos organizadores.
Xa pola tarde, ás 16.00 horas, haberá unha actuación da charanga Os Jalochos, que percorrerá os principais lugares polos que se desenvolve a romaría.
A última viaxe de regreso dos buses realizarase ás 19.00 horas.
Martes 2 de Xuño
