O Concello freta un autobús para asistir ao Galiza-Ecuador
Publicada o 21 de Decembro de 2006 en Deportes
O xoves 28 de decembro a Concellaría de Deportes organiza unha viaxe ao estadio coruñés de Riazor para ver o partido de fútbol internacional Galiza-Ecuador, con saída ás 19:00 en autobús desde a Casa do Concello. A viaxe inclúe monitores acompañantes máis entrada, por un prezo de 3 €.
As inscricións deberán formalizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil até o mércores 27 de decembro. Terán preferencia os menores de 18 anos.
No caso de haber máis solicitantes que prazas (48) procederase ao sorteo das mesmas entre as persoas inscritas.
