Concello de Mugardos

Actualidade /

O 9971 e o 2547, números gañadores do trimestre en Merca Mugardos

Publicada o 22 de Decembro de 2006 en Emprego

A Concellaría de Emprego comunica que con data 22 de decembro de 2006, ás 14:00 horas, no Salón de Plenos do Concello, efectuouse o sorteo público do Programa Merca Mugardos correspondente ao cuarto trimestre da campaña. Resultaron gañadores os boletos cos números:

PREMIO (400 €): 9971

PREMIO (200 €): 2547

Caso de non aparecer os boletos premiados antes das 14:00 do día 5 de xaneiro, volverase efectuar un novo sorteo, publicándose no taboleiro de anuncios do Concello os novos números premiados. Para presentar o boleto premiado haberá un prazo de cinco días hábiles desde a realización do sorteo.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS