Publicada o Mércores 27 de Decembro de 2006 en Emprego
A Concellaría de Emprego comunica que o 26 de decembro abriuse o prazo de inscrición no curso de hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos. As solicitudes admitiranse até o 10 de xaneiro, e poden formalizarse a través da Axencia Local de Emprego (rosa.rey@mugardos.dicoruna.es ou chamando ao 981 470 338 ext.8).
O curso realizarase en Franza, no Centro de Formación Francisco Vizoso, e terá unha duración de seis horas, repartidas entre os días 15 e 16 de xaneiro de 2007.