Concello de Mugardos

Actualidade

O sábado 30 celébranse as finais do torneo de fútbol do Nadal

Publicada o Venres 29 de Decembro de 2006 en Deportes

A Concellaría de Deportes comunica que este sábado 30 de novembro, a partir das 16:00 horas, celébranse no Pavillón do Cristo as finais dos VII Encontros do Nadal de Fútbol V en pista. As categorías son biberóns, prebenxamíns e benxamíns.

Nesta competición participan equipos do CCRD Perlío, SRD Numancia, Racing de Ferrol, Eume Deportivo e Galicia de Mugardos.

Ás 19:00 terá lugar a entrega de agasallos a todos os participantes. Nesta VII edición acudiron 200 nenos durante toda a semana. O torneo está organizado polo Galicia de Mugardos e patrocinado polo Concello.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS