Concello de Mugardos

Actualidade /

Anxo Quintana anuncia a rehabilitación do Cine Zárate na súa visita a Mugardos

Publicada o 15 de Xullo de 2006 en Xeral

O vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, visitou Mugardos o pasado sábado 15 de xullo, e aproveitou a recepción oficial ofrecida na Casa do Concello para comunicar aos membros da corporación municipal e aos medios de comunicación alí presentes que nas próximas semanas se asinará un convenio co Concello de Mugardos para a merca e rehabilitación do edificio do antigo Cine Zárate, que conxugará diversos usos, como centro de día para maiores e auditorio cultural. Neste ambicioso proxecto, que suporá un importante avance na calidade de vida dos mugardeses e mugardesas, participarán varios departamentos da Xunta: a propia Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar que dirixe Quintana e as consellarías de Cultura e Industria.

No decurso da recepción oficial, o alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, agradeceu ao vicepresidente este respaldo ao proceso de transformación que está experimentando Mugardos, e aproveitou tamén para o instar a defender, desde a Xunta, que o actual proceso de reforma do Estatuto de Autonomía culmine coa consecución dun Estatuto de Nación para Galiza que non sexa inferior ao de ningunha outra comunidade autónoma.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS