Publicada o Xoves 27 de Xullo de 2006 en Asuntos Sociais
Na Xunta de Goberno Local celebrada o pasado xoves 20 de xullo iniciouse a contratación das obras da vivenda sociocomunitaria que o Concello vai construír na zona das Casas Baratas, e para o que se rehabilitará un edificio de propiedade municipal actualmente desocupado. A casa en cuestión sitúase xusto fronte á parcela do cuartel da Garda Civil, emprazamento das futuras vivendas sociais. A concelleira de Asuntos Sociais, Margarida Corral, manifestou a súa satisfacción polo inicio desta importante actuación, cuxo orzamento é de arredor de 90.000 €, e que permitirá dotar dunha vivenda digna a unhas seis persoas. De xeito idóneo, os candidatos a ocupala serían maiores que vivan sós ou persoas con discapacidade non dependentes.