Concello de Mugardos

Actualidade /

Marisa Irimia actuará na sesión de contacontos deste venres

Publicada o 24 de Xaneiro de 2007 en Cultura

Reanúdase na Biblioteca Municipal de Mugardos o programa anual de animación á lectura Os venres de conto con MARISA IRIMIA. Esta artista, que nos ten acompañado con anterioridade, relata as historias apoiándose en distintos obxectos que engaden forza ao relato.

Nesta actividade poden participar os nenos e nenas de todas as idades, e está aberta a todo o público que se queira achegar a compartir con nós unha tarde divertida. O acto terá lugar o vindeiro venres día 26 de xaneiro no baixo do Concello (OMIX), a partir das 19:00 horas.

A dramatización de contos busca achegar os máis pequenos ao mundo da lectura de xeito ameno e divertido, de forma lúdica e formativa a un tempo. O concelleiro de Cultura, Evaristo Deus, subliñou o éxito que está a ter esta actividade, “coa asistencia de entre 30 e 40 nenos a cada sesión”.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS