Concello de Mugardos

Actualidade

Os voluntarios de Protección Civil mugardeses realizaron 64 intervencións en 2006

Publicada o Martes 30 de Xaneiro de 2007 en Xeral, Servizos

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Mugardos, integrada actualmente por vinte persoas, realizou un total de 64 intervencións ao longo do ano 2006.

A maioría dos operativos, até vinte e sete, foron colaboracións en actividades de todo tipo (culturais, deportivas, ambientais, etc.) levadas a cabo desde o Concello. Quince intervencións foron referentes a accidentes de tráfico, sete por animais feridos ou mortos na vía pública, outras sete por lumes urbanos ou forestais e dúas por verteduras, así como seis operativos diversos.

O Concello quere expresar o seu agradecemento a todos os voluntarios e voluntarias de Protección Civil, que desenvolven de xeito desinteresado un labor de grande importancia para a comunidade.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS