Concello de Mugardos

Actualidade

O deputado provincial de Promoción Económica visita Mugardos

Publicada o Martes 1 de Agosto de 2006 en Obras, Medio Ambiente

Pablo Villamar, presidente da Comisión de Promoción Económica, Emprego e Turismo da Deputación da Coruña, acudiu a Mugardos martes 1 de agosto. Na súa visita, o deputado nacionalista inspeccionou xunto co alcalde, Xosé Fernández Barcia, e o concelleiro de Obras, Moisés Rivadulla, os traballos de construción das beirarrúas da Areosa, parcialmente subvencionadas polo organismo provincial. Así mesmo, fixo balance doutros investimentos na nosa vila do departamento que el dirixe, como os que permitirán ao Concello reforzar o seu parque móbil mediante a adquisición dunha varredora e un tractor.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS