Concello de Mugardos

Actualidade /

Este venres, presentación do proxecto piloto de Internet sen fíos

Publicada o 15 de Febreiro de 2007 en Cultura

A Concellaría de Cultura comunica que este venres se vai presentar o PROXECTO PILOTO “INTERNET GRATUÍTA” (WIMAX), auspiciado pola Deputación da Coruña.

Este proxecto trata de facilitar unha conexión a Internet de calidade na zona rural, ou onde a ADSL non dá a calidade axeitada. Fornecerase a quen o solicite o dispositivo de conexión e explicarase o seu uso. A campaña estará en marcha até o mes de xullo de 2007.

Este venres día 16 de febreiro, a partir das 20:00 horas, no Salón de Plenos haberá unha charla informativa e poderán formalizarse as inscricións no programa.

Para máis información poden dirixirse ao teléfono 981 47 03 38, ext. 8.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS