Publicada o Xoves 22 de Febreiro de 2007 en Emprego
A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa última xuntanza, a convocatoria de dúas prazas de persoal funcionario do Concello, unha de auxiliar administrativo/a e outra de ordenanza-notificador/a.
Ambas as dúas serán cubertas polo sistema de oposición libre.
As bases e os prazos sairán publicados nos vindeiros días tanto no DOG como no BOP. Pódense descargar de xeito provisional na sección de Convocatorias desta páxina web.