Concello de Mugardos

Actualidade /

Conmemórase o Día de Rosalía coa publicación dun libro

Publicada o 23 de Febreiro de 2007 en Política Lingüística, Cultura

Co motivo do Día de Rosalía (24 de febreiro, aniversario do seu nacemento), o Concello de Mugardos quere conmemorar o rexurdimento da literatura galega coa celebración do cento cincuenta aniversario da aparición do libro de poemas La flor, no ano 1857, mediante a publicación dun caderniño de animación á lectura no que se fai unha reseña da vida e obra desta escritora cumio das nosas letras.

Nel faise especial fincapé na posíbel presenza de Mugardos na súa obra, onde presumibelmente Rosalía de Castro pasou tempadas na vila mariñeira do Seixo. Todo iso acompañado dunha serie de pasatempos e actividades en torno á figura da mítica escritora, no que pretende ser un labor de dinamización da lectura.

Desta documentación farase unha tirada de 700 exemplares, que se distribuirán nos centros educativos, entidades socioculturais e deportivas e a cidadanía.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS