Concello de Mugardos

Actualidade

Mugardos apoia o proxecto de Industria para o sector naval

Publicada o Sábado 24 de Febreiro de 2007 en Xeral, Emprego

O Concello de Mugardos aprobou no Pleno celebrado este venres 23 de febreiro unha moción presentada polo BNG na que dá o seu respaldo ao proxecto da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galiza para reactivar o sector da construción naval na ría, e insta á Presidencia do Goberno do Estado a adoptar as medidas precisas para que os activos ociosos do estaleiro de Fene poidan ser desafectados pola SEPI e reincorporados á actividade, do mesmo xeito que acaba de acontecer en Xixón, Sestao e Sevilla, así como a presentar decontado o Plano Industrial para Ferrol previsto nos acordos de 2004.

A moción foi aprobada por 6 votos a favor (4 BNG, 2 non adscritos), 4 abstencións (2 PSOE, 1 PP, 1 IpM) e 2 en contra (1 IpM, 1 IU). O Parlamento de Galiza adoptou hai uns días unha resolución similar coa unanimidade dos tres partidos representados nel, PP, PSOE e BNG.

A realización dun proxecto destas características suporía un importante impulso para a economía de Ferrolterra e de Mugardos, e crearía ademais as condicións para o retorno de emigrantes que a día de hoxe se atopan traballando noutros lugares do Estado. Até non hai moito tempo, eran varios centos os mugardeses que traballaban directamente no sector da construción naval.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS