Publicada o Luns 26 de Febreiro de 2007 en Cultura
O Concello de Mugardos participa na 1ª edición do programa “CIRCUITO 4X4”, promovido pola Consellaría de Cultura e Deporte a través da Dirección Xeral de Creación e Promoción cultural.
A finalidade deste programa é a de facer chegar aos concellos a música galega de creación actual e a da tradición vocal e instrumental.
Consta de catro apartados ou circuítos temáticos, e Mugardos optou por escoller dúas das catro propostas: música de fusións e instrumentación tradicional.
O programa desenvolverase en dúas sociedades do Concello, tal e como se indica de seguido:
| Grupo | Data | Hora | Lugar |
|---|---|---|---|
| EDELMIRO FERNÁNDEZ | Venres, 2 de marzo | 20:30 | Casino Mugardés |
| DANI BELLÓN & DIEGO MACEIRAS | Venres, 16 de marzo | 20:30 | Casino Mugardés |
| TALABARTE | Venres, 30 de marzo | 20:30 | Casino Mugardés |
| RAO TRÍO | Venres, 20 de abril | 20:30 | Casino Mugardés |
| Grupo | Data | Hora | Lugar |
|---|---|---|---|
| FERNÁNDEZ E QUINTÁ | Venres, 9 de marzo | 20:30 | Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo |
| LINHO DO CUCO | Venres, 23 de marzo | 20:30 | Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo |
| TRÍO KIN GARCÍA | Venres, 13 de abril | 20:30 | Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo |
| MARCOS TEIRA | Venres, 27 de abril | 20:30 | Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo |
As entradas serán a 3 € para o público en xeral e 2 € para estudantes, xubilados/as ou parados/as.