Concello de Mugardos

Actualidade

Instalado en Mugardos un punto de información do Servizo Público de Emprego

Publicada o Martes 1 de Agosto de 2006 en Emprego

Este punto consiste nunha máquina similar a un caixeiro automático, no que o usuario poderá renovar a súa demanda ou mellora de emprego mediante a súa identificación co DNI e a impresión da pegada dixital, imprimíndose logo o xustificante de ter realizado a acción.

O primeiro paso que deben dar os usuarios é rexistrar a súa pegada na oficina de emprego a próxima vez que lles corresponda renovar, e seguir as instrucións que alí lles facilitarán. A partir dese momento, o demandante non precisa acudir a renovar a tarxeta á oficina de emprego, coas limitacións de horario que iso comportaba, aforrando así o desprazamento. A tarxeta pódese renovar en calquera punto de información de Galiza e a calquera hora do día que lle corresponda, sempre que estea aberto o lugar onde se atope o punto.

Ademais, o sistema permite facer consultas na páxina web da Xunta, o DOG, o Servizo Galego de Colocación, ofertas de emprego e outras páxinas relacionadas.

Este servizo terá nun futuro máis prestacións, como a de poder modificar o currículo do demandante, a petición de cita no Servizo de Orientación Laboral, solicitude de cursos de formación ocupacional, datos do mercado laboral, etc.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS