Organízanse xogos populares infantís para a Semana Santa
Publicada o 27 de Marzo de 2007 en Deportes
Por terceiro ano consecutivo, a Concellaría de Deportes, coincidindo coas vacacións escolares da Semana Santa, organiza uns obradoiros de xogos populares en todas as parroquias, do seguinte xeito:
| Parroquia | Lugar de celebración | Inscrición | Horario |
|---|---|---|---|
| Mugardos | Pavillón do Cristo | Concello | 2 de abril ás 12:00 |
| Franza | Casino/Pista polideportiva | Casino | 3 de abril ás 12:00 |
| San Xoán | Sociedade | Sociedade | 3 de abril ás 17:30 |
| O Seixo | Sociedade | Sociedade | 4 de abril ás 12:00 |
As idades para participar van dos 5 aos 12 anos. Os obxectivos desta actividade son a recuperación e posta en valor do noso patrimonio lúdico, a coeducación e a educación en valores a través dos xogos populares galegos.
Organiza: Concello de Mugardos
Colaboran: Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo, Casino Progreso de Franza e a Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa de San Xoán de Piñeiro.
