Concello de Mugardos

Actualidade /

Habilítase un servizo de Noitebús durante a Semana Santa

Publicada o 28 de Marzo de 2007 en Turismo, Mocidade

A Dirección Xeral de Transportes da Xunta de Galiza habilitará, por mor das festas de Semana Santa, varias liñas de Noitebús que chegan a Mugardos.

Os horarios serán os seguintes:

* Servizo Ferrol-Pontedeume: co percorrido Ferrol (Praza de Galiza)-Avenida de Esteiro-Campus Universitario-Esteiro-Praza de España-Barrio Pilar-Caranza-Parador de Fene-Perlío-Barallobre-Mariño-A Gallada-Franza-Mugardos-Ares-Redes-San Martiño-Cabanas-Pontedeume. * Saídas de Ferrol ás 23:00, 01:00, 03:00, 05:00, 07:30 (desde Mugardos). * Saídas de Pontedeume ás 00:00, 02:00, 04:00, 06:00 e 08:00 (até Mugardos).

A empresa encargada é Arriva Noroeste (tel. 981 330 046), e os billetes terán un prezo de 1,50 € ida e volta

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS