Concello de Mugardos

Actualidade /

Vicepresidencia faculta o Concello para mercar o Cine Zárate

Publicada o 21 de Abril de 2007 en Urbanismo, Cultura, Asuntos Sociais

A Dirección Xeral de Acción Social da Vicepresidencia da Xunta acaba de aprobar unha partida de 580.000 euros coa que o Concello de Mugardos procederá a adquirir a parcela do antigo Cine Zárate. O documento asinado onte polo alcalde, Xosé Fernández Barcia, dá continuidade ao convenio subscrito en decembro entre as administracións local e autonómica. Segundo explicou o alcalde, nestes momentos estase a redactar o proxecto, que será remitido en breve á Vicepresidencia, para converter o Cine Zárate nun Centro de Día para maiores e nun auditorio multiusos. “É un edificio emblemático que pasará a ser un dos sinais de identidade do Mugardos do futuro que queremos”, dixo Barcia.

Noutra orde, a Xunta de Goberno Local resolveu onte o concurso de adquisición de terreos no entorno do Baño, deste A Redonda até Roibeiras, cos que será posíbel modificar o sistema xeral do PXOM que constituía o Castelo da Palma, é dicir, habilitar a mesma cantidade de solo de uso público que representaba a fortificación, e levar así a cabo a transformación deste edificio nun hotel. Os novos terreos destinaranse a zona verde e de lecer, nun medio natural privilexiado como é a zona de Pontellas. O seu custo, 93.224,80 €, será asumido integramente pola empresa promotora.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS