Publicada o Venres 27 de Abril de 2007 en Cultura
O Concello de Mugardos asinou o pasado xoves día 12 de abril un convenio cos autores do libro “Historia de Mugardos”, don Miguel Ángel Rodríguez Vázquez e don Xoán Carneiro Rey, para a publicación da terceira edición desta obra.
O Concello xa está realizando as xestións para a maquetación da nova edición. Esta obra sobre a historia de Mugardos é de grande interese tanto para a poboación como para bibliotecas e arquivos, polo rigor do seu contido histórico e traballo de investigación realizado; foi usada como obra de referencia pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria como exemplo de investigación a escala local nas actividades de formación do profesorado que organizan dende a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.