Publicada o Xoves 17 de Maio de 2007 en Medio Ambiente
A Concellaría de Medio Ambiente comunica que na Xunta de Goberno Local celebrada esta semana aprobouse, entre outros asuntos, a adxudicación dos traballos de prevención e defensa contra incendios forestais en núcleos rurais do municipio, financiados pola Consellaría do Medio Rural.
No marco da nova política preventiva que está a implantar o Goberno galego, o departamento que dirixe Alfredo Suárez Canal achega unha subvención de 775 €/ha para a eliminación de biomasa arbustiva e sub-arbustiva nunha faixa de 25 metros ao redor de edificacións, urbanizacións, obras e instalacións industriais que se atopen próximas ao monte. Nestas faixas as masas arbóreas deberán estar tamén rareadas.
A empresa adxudicataria é Begasucegsa, S.L. Os traballos darán comezo na vindeira semana, e deberán estar rematados antes do 31 de xuño.