Concello de Mugardos

Actualidade

Aprobadas as bases para contratar a Oficina de Rehabilitación

Publicada o Xoves 31 de Agosto de 2006 en Urbanismo

O Concello de Mugardos comunica que este xoves día 31 de agosto de 2006 celebrouse unha Xunta de Goberno Local na que se aprobaron as bases para a contratación da xestión administrativa da Oficina de Rehabilitación do casco antigo, sendo intención do equipo de goberno que a oficina poida estar funcionando xa no mes de setembro.

Así mesmo, na devandita XGL tomouse o acordo de adxudicar á empresa Concifa, SL as obras de renovación de tuberías de abastecemento de auga e saneamento nun tramo da Avenida de Galiza (o comprendido entre o Cotellón e o comezo dos Corzás), cun orzamento de 18.597,58 €, e iniciar os trámites para a contratación da substitución da tubería de abastecemento de auga no Xuncedo (O Seixo), cun prezo inicial de licitación de 24.696,21 €. A reposición da antiga canalización de fibrocemento, deteriorada e que causaba numerosas perdas, por outra nova de polietileno en numerosas rúas é o paso previo para poder acometer a inminente ampliación da rede de abastecemento de auga ás dúas parroquias que aínda carecen dela, Franza e San Xoán de Piñeiro, e que o Concello prevé comezar tamén antes de que remate o ano.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS