Publicada o Venres 1 de Xuño de 2007 en Emprego
Con data 1 de xuño de 2007, sendo as 14:00 horas, reúnese no Salón de Plenos do Concello de Mugardos a Comisión encargada do sorteo público do Programa Merca Mugardos, para proceder ao correspondente ao cuarto trimestre da campaña. Asisten D. Evaristo Deus Deus e Dª. Mª del Mar Nóvoa Conde, secretaria.
Efectúase o sorteo, que consiste na extracción dun boleto dos repartidos polos/as comerciantes entre a súa clientela, resultando gañador o boleto no cal figura o nome de JOSEFA MARTÍNEZ VEIGA, con documento de identidade 32551671K, enderezo en Contramestre Casado, núm. 1-7ºB Mugardos.
A Comisión acorda, en caso necesario, a aplicación da base Décima. 2.- das bases da campaña de promoción do comercio local Merca Mugardos, que di literalmente: “Transcorridos 10 días hábiles dende a publicación do número premiado sen que ninguén presentase o boleto premiado daría lugar a un segundo sorteo nas mesmas condicións”.
Sendo as 14:10 horas dáse por rematado dito sorteo levantándose a presente acta, en Mugardos a un de xuño do ano dous mil sete.