Concello de Mugardos

Actualidade /

O Concello advirte de que unha empresa que vende filtros de auga non ten relación coa administración

Publicada o 13 de Xullo de 2007 en Servizos, Sanidade

Perante as chamadas que se están a recibir no Concello dalgúns veciños e veciñas solicitando información acerca dunha empresa que ofrece a venda de filtros de auga en determinados núcleos do municipio, comunícase que esa empresa non ten relación ningunha coa administración local.

O Concello realiza sempre as súas análises e medicións a través dunha farmacia, como pode facer calquera persoa que desexe contrastar as medicións que se lle poidan presentar antes de adquirir un filtro.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS