Concello de Mugardos

Actualidade

Vivenda e Solo reparará a cuberta das vivendas sociais

Publicada o Mércores 18 de Xullo de 2007 en Asuntos Sociais

O delegado provincial da Consellaría de Vivenda e Solo da Xunta de Galiza, Xoán Bascuas, acudiu este mércores a Mugardos, acompañado de técnicos do seu departamento, co fin de inspeccionar o estado das vivendas sociais da rúa Contramestre Casado, que presentan un problema de illamento deficiente e de filtracións desde o teito.

Logo da visita, na que o delegado e os técnicos estiveron acompañados pola concelleira de Benestar Social, Anxos Díaz, Bascuas sinalou que a actuación a realizar consistirá en levantar o tellado do edificio para repoñer as zonas afectadas e darlle máis pendente, o que resolverá o problema das filtracións.

O delegado explicou que se procedería decontado a redactar o proxecto de obra, co fin de que os traballos poidan estar finalizados cando remate o verán.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS