Organízase o IV Ciberencontro “Kernel 2007 Mugardos Party”
Publicada o 6 de Setembro de 2007 en Mocidade, Cultura
Por cuarto ano consecutivo, a Comunidade Linux “O Zulo” de Mugardos e a Concellaría de Mocidade, co patrocinio das empresas Telefónica, Calsomatu SL, NETGEAR, EGA SL, MYC SL e Eiman, están a organizar o Ciberencontro “Kernel 2007 Mugardos Party”, que terá lugar os días 21, 22 e 23 de setembro na Casa da Cultura. Grazas ao esforzo organizativo da Comunidade Linux “O Zulo” que está rematando os últimos detalles que podedes consultar na páxina web www.mugardosping.org.
Para máis información e inscricións poderase acudir á páxina web www.mugardosping.org ou á OMIX do Concello de Mugardos en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, ou ben:
- Teléfono: 981 470 338 ext. 3, de 9:00 a 14:00;
- Fax: 981472202
- Enderezo electrónico: omix@mugardos.dicoruna.es
Charlas técnicas, documentais, actividades, lanzamento de hardware, conferencias, churrascada, agasallos, xogos e unha morea de sorpresas inundarán unha contorna de software libre. Disporase dunha conexión a Internet de 40 megas, un servidor DCC de intercambio de información entre todos/as participantes e o sábado 22, pola mañá, farase a apertura do MEGAftp.
Este ano como actividades “paracibernéticas” contaremos coa 3ª edición do lanzamento de “hardware olimpic” e un impresionante “ciberchurrasco” o sábado 22 á noite para as persoas inscritas.
