Investiranse 170.000 € en actuacións na zona do mercado
Publicada o 13 de Setembro de 2007 en Obras, Medio Ambiente
A Concellaría de Obras comunica que o Pleno do Concello aprobou hoxe unha modificación de crédito por importe de 50.945,87 € para complementar unha axuda de 118.873,69 € concedida pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galiza, ao abeiro da Liña Merca de subvencións, coa que levar a cabo varias actuacións de acondicionamento e mellora da contorna da Praza do Mercado. As actuacións consistirán fundamentalmente na instalación dunha capa de formigón impreso no calello lateral ao propio mercado, o asfaltado en quente do tramo Centro de Saúde-Os Corzás da rúa de Apelón, a remodelación das casetas e da praciña da zona da Palmeira e a contenerización soterrada na rúa Castelao.
Todas estas actuacións veñen dar continuidade aos traballos levados a cabo nos últimos anos no mercado e na praza, e que teñen suposto xa unha importante mellora na configuración da zona.
