Publicada o Sábado 20 de Outubro de 2007 en Muller
A Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Sanidade do Concello de Mugardos informa que o vindeiro fin de semana terán lugar as IX Xornadas de Igualdade de Oportunidades.
O prazo de inscrición permanecerá aberto até as 14:00 horas, do xoves día 25 de outubro. Unha vez rematado, de haber prazas libres, cubriranse por orden de inscrición até o mesmo día do inicio das Xornadas.
- Lugar: Salón de Actos do IES de Mugardos
- Datas: venres 26 e sábado 27 de outubro
- Programa:
- Venres 26:
- 16:00–16:30 horas: Inauguración, dona Tereixa Novo Arrojo, Delegada Provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
- 16:30–20:30 horas: Obradoiro de empoderamento
- Sábado 27:
- 10:00–11:30 horas: Movementos sociais migratorios con perspectiva de xénero
- 12:00: Avaliación do II Plano de Igualdade
- 13:00-14:00 horas: Mulleres e memoria histórica
- 16:15–18:30 horas: Mesa redonda: Os movementos sociais femininos e feministas.
- 19:00: A evolución dos movementos sociais feministas e o coñecemento das mulleres e o xénero.
- 20.00 horas: Clausura, dona Ana Luisa Bouza Santiago, Directora Xeral do SGI.
Estas xornadas acompañaranse da exposición Seneca Falls, que versa sobre o movemento internacional de mulleres e a loita polo sufraxio feminino no Estado Español, e que permanecerá aberta ao público en xeral na Casa da Cultura desde o luns 22 de outubro até o venres 26. Poderá visitarse en grupos organizados previa cita no teléfono do Concello de Mugardos 981 470 338; ext. 1.
- Venres 26: de 17:00 a 20:00 horas
- Sábado 27:
- Mañá: de 12:00 a 14:00 horas
- Tarde: de 17:00 a 20:00 horas
- Domingo 28: de 12:00 a 14:00 horas