Concello de Mugardos

Actualidade /

Comezan os actos arredor do Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres

Publicada o 5 de Novembro de 2007 en Muller

O 25 de novembro de 1981 foi declarado, por parte do movemento feminista, o Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres. Tiveron que pasar oito anos até que, en 1989, as Nacións Unidas aprobaron oficialmente a proposta. Na actualidade, o rexeitamento cara ás diferentes manifestacións de violencia machista, que noutrora foran lexitimadas, non deixa de medrar. Cada vez somos máis as institucións e as persoas dispostas a pór os medios necesarios para rematarmos coa desigualdade e a misoxinia que, no que vai de ano, ten acabado coa vida de 3 mulleres galegas e de 81 no Estado Español.

Como expresión do noso compromiso a prol da igualdade entre homes e mulleres, o Concello de Mugardos porá en marcha unha serie actividades, dentro das cales mañá temos:

  • Contacontos: Xela volveuse vampira. O 6 de novembro ás 11:00, no IES de Mugardos. A este acto están convidados todos os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria dos centros educativos do Concello.

    Desde o Concello de Mugardos seguiremos loitando pola igualdade, porque entendemos que a violencia cara as mulleres ten a súa orixe e o seu sustento na desigualdade entre as mulleres e os homes. Por iso este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres, unimos o noso compromiso político para esixir un mundo sen violencia.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS