Ábrese o prazo de preinscricións para a campaña de esquí 2008
Publicada o 15 de Xaneiro de 2008 en Deportes
A Concellaría de Cultura e Deportes comunica que xa está aberto o prazo de preinscrición para a campaña de esquí 2008, organizada pola Deputación Provincial.
- Inscricións: na OMIX do Concello, tel. 981470338 ext. 3, até o xoves 7 de febreiro
- Lugar: Estación Invernal de Sierra Nevada (Granada)
- Aloxamento: hotel de tres estrelas no casco urbano de Granada
- Duración: sete días cada quenda
- Quenda para Mugardos: do 23 de febreiro ao 1 de marzo
- Incorporación: recolleranse os participantes o sábado pola tarde do día 23
- Regreso: saída de Sierra Nevada venres pola tarde e chegada aos puntos comarcais o sábado 1 de marzo pola mañá
Os destinatarios desta actividade son rapaces e rapazas de entre 10 e 13 anos, ambos inclusive, na data da saída.
A cota de inscrición son 95 euros.
Os rapaces e rapazas estarán acompañados por monitores desde a saída de Mugardos até o regreso.
Caso de haber máis solicitudes que prazas procederase a un sorteo público o venres 8 de febreiro ás 10 da mañá na Casa do Concello.
