Concello de Mugardos

Actualidade

Preséntase o programa "Tempo da Convivencia 2008"

Publicada o Luns 7 de Abril de 2008 en Asuntos Sociais

Desde o 2004 a comunidade educativa de Mugardos e o Concello suman os seus esforzos dando resposta á demanda social, para acadar unha convivencia pacífica entre os colectivos que conformamos esta comunidade.

Preténdese continuar coa labor de facilitar e promover os espazos de encontro, reflexión e comunicación entre familia e escola, na procura dunha educación de calidade na que teña a importancia que corresponde a prevención da violencia e a resolución pacífica dos conflitos, cunha perspectiva de xénero e enfoque educativo transversal en todos os niveis educativos.

Dado o éxito do pasado ano, a Escola de Nais e Pais de Mugardos presenta a seguinte programación de actividades para a primavera do curso 2007/2008.

  • Xoves 10 de abril, 17:00 – Obradoiro de resolución de conflitos. Con dona Gema Martín Seoane, doutora en psicoloxía e profesora do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación. Facultade de Psicoloxía da Universidade Complutense de Madrid.
  • Xoves 17 de abril, 18:00 – Tertulia educativa: Dereitos e deberes dos/das educadoras/es. Modera: Membro das asociacións de nais e pais de alumnos/as.
  • Xoves 24 de abril, 18:00 – A mediación como senda de convivencia. Con don Carlos Ferreiro, profesor especialista en mediación escolar.
  • Mércores 30 de abril, 18:00 – Fantasmas familiares, Quico Cadaval, contador de historias. A continuación terá lugar o “Pincho da Convivencia”.

Disporase dun servizo de coidado para os nenos e nenas das persoas participantes.

Organizan: ANPAS Catro Camiños, O Pazo, O Castro, IES Mugardos, Colexio Loyola, CEIP Unión Mugardesa, CEIP Santiago Apóstolo, EEI O Seixo e Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Sanidade.

Colabora: Deputación da Coruña.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS