Concello de Mugardos

Actualidade /

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para a Bolsa de Igualdade

Publicada o 6 de Maio de 2008 en Muller

A Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Sanidade comunica que até o 16 de maio estará aberto o prazo de presentación de solicitudes para a Bolsa de Igualdade de Oportunidades do Concello de Mugardos. As bases spn as seguintes:

BOLSA DE COLABORACIÓN NA ÁREA DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES 2008

Bases da Convocatoria:

  1. OBXECTO: É obxecto da presente convocatoria a colaboración na posta en marcha do III Plano de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres do Concello de Mugardos, a elaboración do Plan de Violencia de Xénero do Concello de Mugardos e a Campaña do 25 de novembro contra a violencia contra as mulleres; e para a colaboración coa área de igualdade de oportunidades municipal.
  2. NÚMERO DE PRAZAS: 1
  3. REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES:
    1. Estar cursando un Máster de Xénero e/ou Igualdade de Oportunidades ou estar en posesión do título acreditativo do mesmo.
    2. Titulación Universitaria en calquera das materias relacionadas coas ciencias sociais, Humanidades ou Educación (Socioloxía, Politoloxía, Traballo Social, Ciencias da Educación, Psicoloxía, Pedagoxía, etc.) ou cursar o último ano da carreira.
    3. Estar inscrito/a como desempregado/a no Servizo Galego de Colocación.
    4. Estar en posesión ou ter validado o Curso de iniciación/perfeccionamento de lingua galega.
    5. Non estar separado/a mediante expediente disciplinario dos servizos en ningunha administración pública nin estar incurso/a en causa de incompatibilidades ou incapacidades para o exercicio da función pública.
    6. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o exercicio de funcións.
    7. Non haber sido titular desta mesma bolsa en edicións anteriores.
  4. CONDICIÓNS DA BOLSA:
    1. DOTACIÓN ECONÓMICA:
      O proxecto seleccionado polo Tribunal dotarase cunha bolsa de 1965,00 € que se farán efectivas cunha contía mensual de 491,25 €, que serán ingresadas previo informe da/o Presidenta/o da Comisión de Benestar Social. A Comisión de Benestar Social do Concello de Mugardos consignará a cargo da partida 2008.0313.0.481.00 dos seus créditos orzamentarios para a concesión dunha bolsa.
    2. DURACIÓN:
      A bolsa ten unha duración de 4 meses, sendo o inicio o 1 de agosto de 2008 e até o 30 de novembro de 2008, cun horario máximo de 35 h. semanais.
    3. NATUREZA XURÍDICA DA RELACIÓN:
      1. Esta bolsa non estabelece relación laboral nin contractual co Concello de Mugardos, nin compromiso en canto á posterior incorporación ao cadro de persoal do Concello.
      2. O aproveitamento desta bolsa poderá quedar sen efecto de non realizarse as achegas económicas a favor do/a bolseiro/a por parte do Concello de Mugardos estipuladas no punto 4.1. Dotación económica.
      3. Igualmente, a bolsa poderá quedar sen efecto por incumprimento das obrigas do/a bolseiro/a, ou por informe negativo razoado do responsable ou director/a da bolsa.
      4. A presentación de solicitudes para a concesión da bolsa implicará a total aceptación das bases por parte das persoas solicitantes
      5. A/o bolseira/o queda obrigada/o a presentar unha memoria ao finalizar o período de execución do proxecto, indicando as actividades realizadas e as conclusións.
  5. DOCUMENTACIÓN: Instancia, fotocopia compulsada do DNI, Currículo vitae con fotocopias compulsadas dos méritos achegados. En caso de enviar a documentación vía Portelo da Xunta, a instancia deberá ser remitida ademais vía fax (981472017), e confirmar a recepción no teléfono 981470338 Ext.1.
  6. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 16 de maio de 2008.
  7. COMISIÓN DE SELECCIÓN: A Comisión encargada da selección está integrada polos/as integrantes da Comisión de Benestar Social, Igualdade e Sanidade e un/unha técnico/a. A efectos de asistencia a comisión cualificadora terá a categoría 4. A entrevista de selección terá lugar o mércores 28 de maio de 2008 ás 11.30 h. na sala de sesións do Concello.
  8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN: A selección consta de dúas partes: o baremo de méritos do currículo, e a entrevista persoal.
    1. BAREMO DE CURRÍCULO:
      1. Cursos de especialización: A puntuación máxima neste apartado é de 4 puntos. Acreditación dos cursos: Deberá acompañarse á solicitude e unicamente se avaliarán de conformidade coa documentación que acheguen as persoas aspirantes á súa solicitude, xustificados mediante a presentación do orixinal ou fotocopia compulsada. Por cada curso relacionado coas materias nas que se vai colaborar outorgarase a seguinte puntuación:
        1. Cursos de máis de 20 horas e menor ou igual a 40 horas: 0,25 puntos por curso.
        2. Cursos de entre 41 e 100 horas: 0,50 puntos por curso.
        3. Cursos de máis de 101 horas: 0,75 puntos por curso.
        4. Máster e/ou posgrao (distinto do punto “3. Requisitos das/os aspirantes”): 1 pto.
      2. Experiencia profesional/colaboracións:
        1. Experiencia profesional/colaboracións na Administración Pública, Universidade, ou calquera outro organismo oficial, acreditando ter realizado funcións relacionadas coas materias da praza convocada (avaliación, desenvolvemento de programas relacionados co tema da situación actual da muller, etc.). Por cada período de 3 meses, puntuarase con 0,50 puntos, até un máximo de 2 ptos.
        2. Experiencia profesional/colaboracións en asociacións e/ou empresas privadas: nas mesmas actividades do apartado anterior. Por cada período de 6 meses, puntuarase con 0,50 puntos, até un máximo de 1 pto. A puntuación máxima no apartado de “Baremo do Currículo” será de 7 puntos. Acreditación da experiencia: Deberá acompañarse á solicitude e unicamente se avaliarán de conformidade coa documentación que acheguen as persoas aspirantes á súa solicitude, xustificados mediante a presentación do orixinal ou fotocopia compulsada.
    2. ENTREVISTA PERSOAL: A entrevista persoal versará sobre o papel e funcións da bolsa convocada e experiencia profesional do/a aspirante.
      A puntuación máxima neste apartado é de 3 ptos.
  9. INFORMACIÓN: Para calquera información sobre requisitos e documentación, deben dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Mugardos.

Mugardos, 17 de abril de 2008

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS