Concello de Mugardos

Actualidade /

Mugardos celebrará a I Festa do Deporte

Publicada o 28 de Maio de 2008 en Deportes

A Concellaría de Deportes do Concello de Mugardos informa da adhesión á I FESTA DO DEPORTE, organizada pola Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza, a través da Dirección Xeral para o Deporte e da Fundación Deporte Galego, e que se desenvolvera nos concellos de Galiza, entre eles Mugardos.

Esta iniciativa consiste nunha festa lúdico-deportiva e popular aberta á participación de todas/os, adaptando as actividades ás características das/os participantes, co obxecto de fomentar a participación e non tanto a competición. Os obxectivos son:

  • Fomentar a práctica físico deportiva
  • Incidir na importancia da práctica físico deportiva como elemento de mellora da saúde, das relacións sociais, como elemento de comunicación na sociedade, etc.
  • Transmitir que a actividade física e o deporte é un elemento de partición cidadá, de todas as idades, condicións sociais, etc.
  • Agrupa nunha data todas as iniciativas que individualmente veñen facendo os concellos e dar a coñecer a oferta de actividades deportivas.
  • Difundir os valores propios do deporte: compañeirismo, respecto cara os demais, vida saudábel, etc.
  • Motivar a participación de todo a cidadanía.

I FESTA DO DEPORTE

  • Data: Domingo 8 de xuño de 2008
  • Horario: de 10:30 a 13:30 horas
  • Lugar: Pavillón municipal do Cristo
  • Actividades que se van realizar: básket 3×3, patinaxe, tiro con arco, remo, hóckey, chave, karate e fútbol na rúa 3×3.

A Concellaría de Deportes segue a xestionar e implicar as diferentes entidades deportivas do municipio no desenvolvemento desta actividade.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS