O xoves 29 de maio, acto de clausura das escolas deportivas deste curso
Publicada o 28 de Maio de 2008 en Deportes
O xoves día 29 de maio, a partir das 17:00 horas, no pavillón municipal do Cristo, terá lugar unha demostración das escolas deportivas co seguinte programa:
- 17:00 horas: Mostra de patinaxe
- 17:25 horas: Mostra de baile moderno
- 17:50 horas: Mostra de tai-chi
- 18:10 horas: Mostra de ximnasia rítmica
A actividade é aberta a todas as persoas que desexen asistir, aconsellando aos menores de 10 anos que veñan acompañadas/os dunha persoa adulta.
Ao remate de cada actividade entregaranse os diplomas de asistencia.
O número de participantes previsto é de 150 deportistas.
