Preséntase a programación do Magosto 2008
Publicada o 13 de Novembro de 2008 en Xeral, Cultura
O venres día 21 de novembro, a partir das 20:00 horas, realizarase na Praza do Mercado de Mugardos o tradicional Magosto, no cal se poderán degustar de balde castañas asadas e arenques acompañados de pan de millo. Paralelamente, a partir das 17:00 horas, haberá unha exposición de cabazas dos traballos feitos, en torno á figura do Samaín polas/os máis pequenas/os no Obradoiro de castañas e cabazas. A partir das 21:00 horas, nunha carpa situada tamén na Praza do Mercado, terá lugar unha actuación do grupo de música folk “XACARANDAINA”, cuxa entrada será libre e gratuíta.
PROGRAMA MAGOSTO 2008
- Data: Venres, 21 de novembro de 2008
- Lugar: Praza do Mercado
- Programa:
- 17:00 horas: Obradoiro de castañas e cabazas no Mercado para as/os máis pequenos/as
- 20:00 horas: degustación de castañas, arenques…
- 21:00 horas: Actuación do grupo folk “XACARANDAINA”
