Música e teatro, na Rede Cultural 2008 de decembro
Publicada o 6 de Decembro de 2008 en Cultura
A Concellaría de Cultura, Deportes, Ensino, Mocidade e Política Lingüística, con motivo do Nadal, organiza unha programación musical e teatral coa colaboración da Deputación da Coruña, a través do programa da Rede Cultural 2008. As actuacións dos diferentes grupos realizaranse nos lugares e datas que deseguido se indican:
Grupo: MAGO MARTTYN
- Lugar: Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo
- Data: venres 5 de decembro de 2008 ás 20:00
Grupo: TEATRO MÁMOA
- Lugar: Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo
- Data: sábado 6 de decembro de 2008 ás 20:00
Grupo: QUINTETO DE VENTO DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA
- Lugar: CEIP “Santiago Apóstolo” de Franza
- Data: venres 12 de decembro de 2008 ás 12:00
Grupo: DANZA GAIRA
- Lugar: Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo
- Data: domingo 14 de decembro de 2008 ás 19:00
Grupo: GRUPO DE TEATRO PICOMPÉ
- Lugar: Casino Progreso de Franza
- Data: venres 19 de decembro de 2008 ás 11:00
Grupo: TRÍO INTERMEZZO
- Lugar: Escola municipal de Música – Mugardos
- Data: venres 19 de decembro de 2008 ás 17:00
Grupo: GRUPO DE TEATRO A LOCOMOTORA
- Lugar: Sociedade Recreativa e Cultural de San Xoán de Piñeiro
- Data: domingo 21 de decembro de 2008 ás 12:00
A entrada é libre e gratuíta a todas as actuacións.
