Concello de Mugardos

Actualidade /

Preséntase a programación cultural de deportiva do Nadal 2008

Publicada o 6 de Decembro de 2008 en Deportes, Cultura

Día 22

  • Xogos populares: na SAPG do Seixo de 11:30 a 13:00. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos.
  • Contacontos: no Salón de Plenos do Concello ás 17:00. “En Nadal, conto con vós” por Caxoto Contacontos. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos.

Días 22, 23, 24, 26 e 27

  • X Encontros do Nadal de Fútbol 5 no Pavillón do Cristo de 17:00 a 19:00.

Día 23

  • Xogos populares en Mugardos (no Pavillón do Cristo) de 11:30 a 13:00. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos.

Día 26

  • Maxia: na Praza do Concello. Mago Romarís. Con funcións ás 17:00 e 18:00 (aforo 70 persoas).

Día 27

  • Fútbol: en Riazor, partido Galiza-Chile. Ás 19:00 saída de Mugardos. Viaxe + entrada 10 €. As persoas menores de 12 anos deberán ir con acompañante maior de idade.

    Día 28
  • IV Carreira Popular de Fin de Ano. Saída de Ares ás 11:00. Inscrición até o venres 26 ás 13:00. Dirixida a maiores de 14 anos.

Día 29

  • Xogos populares: no Casino de Franza de 11:30 a 13:00. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos.

Día 30

  • Xogos populares: na SCDR de San Xoán de 11:30 a 13:00. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos.

Días 29 e 30

  • Obradoiros do Nadal para nenos e nenas de 6 a 9 anos no Centro Cívico de Mugardos de 17:00 a 18:30

Día 5

  • Festival de Reis e Cabalgata no Pavillón do Cristo. Saída do peirao ás 17:00.

Información e inscricións na OMIX no baixo do Concello. Teléfono: 981470338 ext. 3. omix@mugardos.dicoruna.es. Organiza a Concellaría de Cultura e Deportes coa colaboración de Casino Progreso de Franza, SDCR San Xoán de Piñeiro, Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo e SD Galicia de Mugardos.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS