Concello de Mugardos

Actualidade /

Amáñanse as pistas polideportivas dos colexios

Publicada o 21 de Setembro de 2006 en Educación, Deportes

A Concellaría de Deportes comunica que acaba de rematar o amaño das pistas polideportivas de San Xoán de Piñeiro, o Colexio de Franza e o Colexio Unión Mugardesa. Os traballos consisten nunha pavimentación cunha capa de aglomerado en quente específico para uso deportivo estendido e compactado de 5 a 10 centímetros de grosor, e completaranse cunha posterior aplicación de pintura tamén de uso deportivo, ademais do arranxo dos valados perimetrais. O tipo de obra é semellante nas tres instalacións.

O investimento total das obras ascende a 80.000 €, sufragados a partes iguais polo Concello e a Deputación da Coruña. Trátase, xa que logo, dunha das intervencións máis importantes dos últimos anos nas pistas polideportivas municipais. No caso concreto da de Franza, que presentaba un grande deterioro, é a primeira actuación que se realiza nela desde a súa construción.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS