Concello de Mugardos

Actualidade

Industria subvenciona a derradeira fase da reforma do mercado

Publicada o Venres 29 de Setembro de 2006 en Servizos

A Concellaría de Servizos comunica que acaba de recibir unha subvención da Consellaría de Innovación e Industria para levar a cabo a derradeira fase da reforma do mercado municipal.

As obras, de carácter bianual —2006 e 2007—, teñen un orzamento total de 154.923,36 €, do que a Xunta de Galiza achegará 108.446,36, e consistirán na instalación dunha máquina de xeo e un frigorífico, un módulo de contadores e unha nova acometida eléctrica, fontanería de auga quente, falso teito de escaiola e illamento no mercado de legumes, outra porta automática e reixas de aceiro en todas as portas, así como no cambio de varandas externas, a pintura da fachada e os interiores e a reforma de dous postos (unha froitaría e unha peixaría).

Esta actuación prodúcese despois das xestións levadas a cabo polo goberno local perante a Consellaría, e veñen dar continuidade aos traballos de mellora desta instalación pública que se veñen producindo nos últimos anos, que incluíron tamén a remodelación da praza exterior.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS