Incremento substancial do número de participantes nas escolas culturais e deportivas
Publicada o 20 de Outubro de 2006 en Deportes, Cultura
A Concellaría de Cultura, Deportes e Turismo comunica que neste curso 2006/2007 matriculáronse nas escolas deportivas e culturais un total de 365 persoas, representando un 6,5% da poboación mugardesa e un 65% de incremento con respecto ao curso pasado. Neste curso procuráronse como obxectivos:
- incrementar a participación.
- aumentar e axeitar a oferta cultural e deportiva.
- descentralizar as actividades, achegando escolas municipais ás parroquias.
- cumprir os obxectivos do Plano de Igualdade de Oportunidades do Concello.
Desde o ano 2003 as escolas deportivas municipais pasaron de 77 participantes a 255 neste curso 2006/07. O número de actividades medrou de 4 a 13.
O obxectivo do número de matrículas para o ano 2006, que era de 250 persoas, cumpriuse xa que logo amplamente.
Nos últimos anos aumentouse nun 325% a participación nas actividades deportivas, sendo moi significativa a das mulleres, que representan máis do 75% das matrículas.
As actividades descentralizadas foron tai-chi e pintura, no Seixo, e ioga, en San Xoán de Piñeiro. Estas actividades contan con 64 participantes.
O concelleiro de Cultura, Evaristo Deus, manifestou a súa satisfacción por este notábel incremento, e subliñou a súa vontade de seguir a ampliar a oferta cultural e deportiva existente en Mugardos.
A oferta para este curso foi:
| Actividades e escolas | Idade | Lugar |
|---|---|---|
| Xogos pre-deportivos | 4-6 | Parroquia, barrio ou colexio onde se xunten 7 rapaces. A solicitude deberá ser colectiva. |
| Atletismo | 7-16 | Pavillón do Cristo |
| Ximnasia rítmica | 5-16 | Pavillón do Cristo e As Lagoas |
| Patinaxe | 5-16 | Pavillón do Cristo |
| Tenis | 7 | Pavillón do Cristo |
| Tiro con arco | 7 | Pavillón do Cristo |
| Xadrez | 7-16 | Biblioteca |
| Ximnasia de mantemento I | +18 | Pavillón do Cristo |
| Ximnasia de mantemento II | +55 | Pavillón do Cristo |
| Tai-chi | +18 | O Seixo e As Lagoas |
| Ioga | +18 | As Lagoas e SCDR San Xoán de Piñeiro |
| Natación escolar | 4-12 | Piscina de Pontedeume con transporte |
| Baile moderno | 6-16 | As Lagoas |
| Música (canto, linguaxe musical e música e movemento) | +4 | As Lagoas |
| Informática | +4 | Casa da Cultura |
| Pintura | +6 | Casa da Cultura e O Seixo |
