O Concello acometerá a reposición da rede de augas nos Casás e As Fieiteiras
Publicada o 13 de Xullo de 2006 en Obras
O Concello de Mugardos abriu o proceso de licitación das obras de reposición da rede de auga nas rúas das Fieiteiras e Os Casás, valoradas en 120.000 euros.
A Concellaría de Obras ten previsto comezar a actuación no mes de xullo, co obxectivo de subsanar os problemas de seca que estas zonas veñen padecendo durante o verán. A intervención consistirá na reposición de tuberías, e é a primeira obra financiada con cargo ao orzamento do 2006, que entrou en vigor o pasado día 5, e que ascende a algo máis de 6.000.000 de euros.
