Concello de Mugardos

Actualidade /

Amplíase o horario da escola de tai-chi

Publicada o 16 de Novembro de 2006 en Deportes

A Concellaría de Cultura e Deportes comunica que por mor da alta demanda da escola deportiva de tai-chi ampliarase a súa oferta cun horario de mañá, luns e mércores de 11:00 a 12:00. Na actualidade a escola deportiva de tai-chi impártese en Mugardos e no Seixo en horario de tarde.

As persoas interesadas nesta actividade poden informarse na OMIX do Concello de Mugardos en horario de 9:00 a 14:00 e o xoves, tamén, de 17:00 a 19:00. Preme aquí para consultar os horarios das escolas culturais e deportivas municipais.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2009 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS