Concello de Mugardos

Actualidade /

Cristalina López e Jaime Pereira, gañadores do IV Certame de Relato Curto

Publicada o 18 de Novembro de 2006 en Política Lingüística, Cultura

O xurado do IV Certame de Relato Curto “Concello de Mugardos” resolveu este xoves 16 de novembro premiar os relatos presentados por Cristalina López Rodríguez, Verde herba verde, na categoría de maiores de 18 anos, e polo rapaz mugardés Jaime Pereira Maroto, Gollo está enfermo, na de menores de 18 anos. Así mesmo, outorgouse unha mención especial a Xulio César Carracedo Pose por Folla de reclamación, na categoría de maiores de 18 anos.

O concelleiro de Cultura e Política Lingüística, Evaristo Deus, destacou que para o xurado as obras presentadas este ano son de maior calidade que nos anteriores, e confiou en que este certame que premia obras en lingua galega continúe medrando en importancia nas vindeiras edicións.

O acto de entrega de premios celebrarase o sábado 25 de novembro no Salón de Plenos do Concello.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS