Publicada o Luns 27 de Novembro de 2006 en Cultura
A Concellaría de Cultura está a participar nun programa organizado pola Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galiza, a través do IGAEM e da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, contando coa colaboración da Asociación de Magos Profesionais de Galiza.
Neste marco, o sábado 2 de decembro, ás 20:30 horas no Casino Mugardés, celebrarase o I Circuíto Galego de Maxia – Nadal Máxico 2006, coa participación do Mago Tato, o Mago Pablo, o Mago Benxamín e Cyrille Sinclair.
A entrada é libre e de balde.