Publicada o Luns 27 de Novembro de 2006 en Cultura
A Biblioteca Municipal de Mugardos continúa co programa anual de Animación á Lectura “Os venres de conto” co contacontos PABLO, que nos vai narrar unha nova historia. Nesta actividade poden participar os nenos e nenas de todas as idades, e está aberta a todo o público que se queira achegar a compartir con nós unha tarde divertida.
O acto terá lugar o vindeiro venres día 1 de decembro no baixo do Concello, a partir das 19:00 horas.
A dramatización de contos busca achegar os mais pequenos ao mundo da lectura de xeito ameno e divertido, de forma lúdica e formativa a un tempo.