Publicada o Sábado 15 de Xullo de 2006 en Obras
A Concellaría de Obras do Concello de Mugardos comunica que acaban de rematar os traballos de asfaltado en quente da rúa As Barcias, no lugar do Seixo, que supuxeron a instalación dunha nova capa de firme de 6 centímetros ao longo da devandita vía anexa á Avenida do Seixo e do ramal que enlaza co camiño do Coruto. Esta actuación, cun orzamento de 16.615 €, realízase despois da renovación da rede de augas levada a cabo recentemente, e que consistiu na substitución das antigas tubarias de fibrocemento, moi desgastadas xa, por outras de polietileno.
Na programación da Concellaría de Obras para este ano 2006 inclúense outros asfaltados similares nas rúas dos Casás, O Cristo e Contramestre Casado. Hai uns meses renovouse igualmente o firme da rúa da Teupoeira, en San Xoán de Piñeiro.